domingo, 15 de octubre de 2017

CODE EUROPE WEEK

O mundo da programación e robótica está presente nas nosas vidas e cambiou a forma na que pensamos, mercamos,... Para poder facer frente a eses cambios é preciso desenrolar habilidades e capacidades que nos axuden a entender como funciona a tecnoloxía.
O noso centro vai participar na semana da Code Europe Week (xunto con outros países)  creando un evento para desenrolar no centro dende o 16- 20 de Outubro. O obxectivo desta actividade é levar a codificación e a alfabetización dixital a todos dunha forma divertida  e para iso organizareos distintas actividades:
  • Este proxecto involucra aos nenos e nenas de 4º de Educación Infantil, de 5º e 6º de primaria que traballaran con Scratch diseñando varios proxectos
  • O día 20 contaremos coa colaboración da empresa LEDISSON, que achegara ao centro robots cos cales nos ensinaran cousas da robótica que descoñecemos e, que seguro será MOI INTERESANTE
Nos seguintes enlaces tendes máis información
http://events.codeweek.eu/


Estivemos a deseñar os nosos robots